venres, 24 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO 2015


Como ven sendo habitual nos últimos anos no colexio, durante a semana do Día do Libro, organizamos unha serie de actividades para conmemorar esta data. O mércores comezamos presentando os diferentes materias que elaboraron na biblioteca os alumn@s dos diferentes cursos. Ademais, este ano coincidiu esta celebración coa presenza no centro dos alumn@s ingleses de intercambio do colexio St Catherine's de Didsbury, en Manchester .









Os cativ@s de Infantil interpretaron a canción "O reino do revés" de Rosa León, mentres que os alumn@s do 1º ciclo de Primaria nos presentaron o libro de adiviñas que confeccionaron na biblio. 



Os pequen@s leron as adiviñas que prepararon e mentres que o público intentaba adiviñar de que se trataba cada unha. Pasámolo moi ben, e incluso os alumn@s ingleses animáronse a participar.


Por outra banda, os nen@s de 3º de Primaria prepararon unha sesión de contacontos, na que nos agasallaron co conto "A partes iguias", co que nos demostraron a importancia que teñen a cooperación e o compañeirismo.
 Os alumn@s de 4º de Primaria prepararon outro conto, "O soño do galo" e o representaron axudados por títeres.
Os alumn@s de 5º prepararon uns lemas relacionados coa lectura, que escribiron e decoraron, para despois decorar o pasillo que leva á biblioteca.
Por último, os nen@s de 6º, explicáronnos diferentes curiosidades sobre a celebración do Día do Libro e amosáronnos os carteis que fixeron coas informacións que obtiveron buscando na rede.

O xoves aproveitamos as dúas últimas horas de clase para ver todos xuntos os vídeo-contos que preparamos os diferentes cursos na biblioteca durante os dous primeiros trimestres.
Xa como colofón final, o venres tivemos a visita do ilustrador Abraham Carreiro, co que aprendimos a crear personaxes para os nosos contos e historietas. Tamén nos amosou algúns truquiños para destacar aspectos do carácter dos diferentes personaxes e, por último, ensinounos como se lle da movemento aos debuxos animados. Pasámolo moi ben e aprendimos un montón de cousas con Abraham!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario